Datas: 7 e 8 de decembro. Sábado: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas Domingo: 11:00 a 13:30 horas
Descrición
O sábado, as persoas participantes neste obradoiro realizarán varias ilustracións con acuarelas plasmando o evento Artesanía. Saber e Sabor nuns debuxos que reflictan o seu espírito e o traballo dos artesáns e dos produtos de alimentación que se darán cita no casco vello da vila de Ribadavia.
O domingo pola mañá celebrarase un concurso entre os debuxos elaborados ese mesmo día e seleccionarase un gañador ou gañadora que recibirá un premio de 150 euros e un lote de produtos de Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria.